O Mercamelide inclúe o sorteo de 1.500 euros en vales de compra

13 Feb 2026 | Campañas

O Mercamelide inclúe o sorteo de 1.500 euros en vales de compra, asociado ás adquisicións que se realicen nos comercios participantes durante os días 21 e 22 de febreiro, coincidindo coa celebración deste evento de promoción do comercio local no Pazo de Congresos de Melide.

O importe total de 1.500 euros estrutúrase en seis vales, concretamente un vale de 500 euros e cinco vales de 200 euros, que deberán empregarse nos propios establecementos participantes. Os resgardos entregaranse con cada compra realizada ao longo da fin de semana e o sorteo levarase a cabo de xeito presencial o domingo ás 20:00 horas.

O Mercamelide está organizado por ASETEM, en colaboración co Concello de Melide.

O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, pon en valor a importancia deste tipo de iniciativas, sinalando que «contribúen a dinamizar o comercio local e a economía do Concello». Destaca que «o Mercamelide é unha acción de apoio directo aos establecementos locais».

Participan no Mercamelide os seguintes establecementos: Adeslas, Borboriño Xeado, Cousas Novas, Don Bocata, Electrosan, El Huevo de la Abuela, Flor do Toxo, Floristería Diamantes, Frutas José Andaluza, Goalkers, iteGal Servicios TIC, Marvi, Melimática, Miguel Floristas, Mis Mejores Labores, Ortosaúde, Pastelería Trisquel, Pro Diva, Romero Zapaterías, Sarela, Siken Moda, Stardemoda, Sueños, Suministros Cire, Tu Boutik e Xanela Ocio