Axudas para a prestación de servizos de apoio á innovación ás Pemes no marco do Programa Peme Innova 2026

13 Mar 2026 | Campañas

Convocatoria:
Axudas para a prestación de servizos de apoio á innovación ás Pemes no marco do Programa Peme Innova 2026.

Obxectivos:
• Mellorar a competitividade das pemes mediante a integración da innovación nas súas estratexias empresariais.
• Proporcionar un diagnóstico asistido en innovación que permita analizar o nivel de innovación da empresa e detectar oportunidades de mellora.
• Apoiar economicamente a implantación de solucións innovadoras identificadas nun Plan Personalizado de Implantación.

Entidades beneficiarias:
• Pequenas e medianas empresas (PEMES) legalmente constituídas que desenvolvan unha actividade económica.
• Deben ter domicilio social ou centro produtivo na demarcación da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
• Deben estar dadas de alta no IAE antes do 1 de xaneiro de 2024 e ter unha facturación mínima de 100.000 € na última anualidade.
• Deben estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non atoparse en situación de empresa en crise.

Gastos subvencionables:
• Gastos asociados á execución do Plan de Implantación de solucións innovadoras realizado por provedores externos seleccionados pola empresa.
• Inclúense custes directos do plan de acción e custes indirectos asociados (7 % dos custos directos).
• Os gastos deben estar iniciados, finalizados e pagados dentro dos prazos establecidos e ser aprobados pola Cámara de Comercio.

Contía da subvención:
• Orzamento máximo subvencionable por empresa: 7.490 € (7.000 € de custos directos + 490 € de custos indirectos).
• A intensidade da axuda é do 60 % do custo elixible.
• Axuda máxima por empresa: 4.494 €.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 16/03/2026 – 31/05/2026

Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Cámara Santiago de Compostela
Rúa República Checa 40
15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Teléfono: 981 596 800
Email: informacion@camaracompostela.com