20.000 carteis para promocionar a Festa do Melindre durante a Semana Santa.
O Concello de Melide vén de repartir entre os establecementos de hostalería e restauración 20.000 manteis de papel para promocionar a XXXIV Festa do Melindre e da repostaría tradicional, que se vai celebrar na vila os días 9 e 10 de maio.
O Goberno local xa levou a cabo a entrega deste material promocional co que agarda, ao longo de toda a Semana Santa, animar ás persoas que se cheguen a Melide a que volvan para unha das citas máis doces do ano.
Na imaxe, o concelleiro Xosé Igrexas, facendo entrega dos manteis ao persoal da Adega Mandil. En total, súmanse a esta campaña un total de 35 establecementos de restauración de Melide.