A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo de solicitude das axudas PEL 2027, enmarcadas no Plan de Emprego Local e destinadas ao impulso do tecido empresarial da provincia.
- PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Subvencións destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial dos concellos da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
- PEL-AUTÓNOMOS/AS: Subvencións de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais e/ou do alugueiro de oficinas, locais comerciais ou centros de traballo a persoas autónomas en concellos de menos de 10.000 habitantes.
- PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Subvencións á contratación de persoal por parte de pemes, microempresas e persoas autónomas en concellos de menos de 20.000 habitantes.
- PEL-PEMES MANTEMENTO: Subvencións para o mantemento das contratacións indefinidas de pemes, microempresas e autónomos/as beneficiarios/as das axudas de PEL-Pemes Creación e Ampliación 2026.
Información clave das convocatorias:
- Bases reguladoras: Publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 224 do 23 de novembro de 2026.
- Prazo de presentación de solicitudes: Do 24 de novembro ás 9.00 horas ata o 18 de decembro de 2026 ás 14.00 horas.
- Tramitación: As solicitudes presentaranse exclusivamente de xeito telemático, a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/
subtel/. - Período subvencionable: Anualidade 2027.
Lembrámoslle que na web pel.gal pode consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.
Así mesmo, o vindeiro 27 de novembro, ás 10:00 horas, celebrarase unha sesión informativa en liña sobre as axudas PEL 2027. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón.