Bases reguladoras
MODIFICACIÓN DAS BASES REGULADORAS E DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS Á REACTIVACIÓN ECONÓMICA DO COMERCIO E Á HOSTALERÍA DO CONCELLO DE MELIDE A TRAVÉS DAS TARXETAS BONO “MERCA EN MELIDE” (2ª CAMPAÑA).
PRIMEIRA. CONTEXTO.
A Organización Mundial da Saúde elevou o pasado 11 de marzo de 2020 a situación ocasionada pola Covid-19 de emerxencia de saúde pública á pandemia internacional. Ante a necesidade de conter a progresión da enfermidade, o Consello de Ministros, na súa reunión do 14 de marzo de 2020, aprobou o Real Decreto 463/2020, polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, en cuxo artigo 7 establécense limitacións á liberdade de circulación das persoas.
Posteriormente, o Congreso dos Deputados autorizou ao Goberno para prorrogar o Estado de Alarma previamente decretado. As limitacións necesariamente impostas polo Estado de Alarma tiveron efectos negativos no ámbito económico. A este respecto, suspendeuse a apertura ao público de locais e establecementos comerciantes polo miúdo, así como o desenvolvemento de actividades que non fosen as sinaladas no devandito Real Decreto como de primeira necesidade, carrexando que moitas persoas que desempeñaban o seu traballo en establecementos comerciais e de hostalería, por conta propia ou allea, víronse obrigadas a suspender ou reducir a súa actividade considerablemente.
A pesar de que estes sectores renovaron a súa actividade con limitacións durante a época estival, están a atoparse con dificultades para poder sobrevivir no contexto actual, por mor da pandemia causada polo Coronavirus SARS- CoV-2 activa, que levou de novo ao Goberno de España a declarar o estado de alarma a través do Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro e ao Goberno autonómico, en tanto que autoridade delegada, a ditar novas medidas restritivas que afectan excesivamente o comercio e a hostalería.
Por este motivo, desde o Concello de Melide considérase fundamental prestarlles apoio nestes momentos, para tentar revitalizalos.
Para iso, o Concello de Melide considerou oportuno poñer en marcha a campaña Merca en Melide, a través da axuda aos potenciais consumidores para a adquisición de bonos de compra para investir no sector comercial e de hostalería de Melide, co obxecto de fomentar o consumo local e dinamizar a contorna urbana.
SEGUNDA. OBXECTO DA INICIATIVA.
O obxecto destas axudas e apoiar ao sector comercial e de hostalería do municipio de Melide, tratando de impulsar o consumo local a través da posta en funcionamento das tarxetas-bono “Merca en Melide” por importe de 50 € na 2ª Campaña para investir na súa totalidade nos establecementos comerciais e de hostalería do municipio.
Constitúe o obxecto destas bases a regulación das axudas que o Concello de Melide outorgará na 2ª Campaña, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoas maiores de 18 anos, para promover a reactivación económica a través do consumo nos establecementos locais de comercio e hostalería do municipio que se adhiran a iniciativa mediante o procedemento descrito no anexo II das presentes bases.
Nos termos dispostos no artigo 9.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Concello de Melide contará cunha entidade colaboradora para a xestión das axudas.
TERCEIRA. CRÉDITO DISPOÑIBLE.
O Concello de Melide destina a esta convocatoria da 2ª Campaña a cantidade total de 26.000,00 euros con cargo a aplicación orzamentaria 430/480.00 (26.000€) e na aplicación orzamentaria 430/226.99 (5.500€), configurándose como unha subvención prepagable.
Dos que 26.000 euros son axudas directas para a entrega de bonos subvencionables e os 5.500 euros destínase a sufragar os custos que supón a emisión das tarxetas-bono na 2ª Campaña. O importe indicado opera como límite.
Establécese a posibilidade de incrementar o crédito previa tramitación do expediente de modificación orzamentaria correspondente. O incremento do crédito queda condicionado a declaración de dispoñibilidade do crédito previa aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Neste caso, publicarase a ampliación de crédito e a ampliación de prazo para presentar novas solicitudes.
CUARTA. BENEFICIARIOS.
Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes requisitos:
- Persoas maiores de 18
- Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións.
- Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS e co Concello de Melide (o que supón atoparse ao día nos pagamentos de tributos municipais emitidos pola Deputación da Coruña en período voluntario e non ter devolucións de recibos de taxas e prezos públicos municipais), para o que será suficiente presentar declaración responsable segundo o Anexo I, sen prexuízo das funcións de inspección e control financeiro que se leven a cabo de conformidade co establecido a tales efectos na Lei 9/2007. De ser o caso, poderase denegar ou cancelar o dito bono
QUINTA. CARACTERÍSTICAS DA CAMPAÑA TARXETAS BONO “MERCA EN MELIDE”.
“Merca en Melide” é unha campaña dirixida a promover os sectores do comercio e hostalería de Melide, co fin de reactivar a economía do municipio, impulsando o consumo consciente nos establecementos locais.
No marco desta iniciativa, as persoas beneficiarias poderán adquirir as tarxetas-bono de compras “Merca en Melide”, que servirán para o seu consumo exclusivo nos comercios de Melide adheridos á campaña.
Poderán adherirse á campaña todos os comercios e locais de hostalería e restauración do termo municipal de Melide, excepto os espazos de gran distribución destinados a alimentación (hipermercados ou supermercados pertencentes a grandes cadeas), as estacións de servizo de combustible e as salas de xogo/apostas. Quedarán tamén excluídas as farmacias e demais establecementos sanitarios.
As tarxetas tampouco serán válidas para a compra en tendas on-line, a través de Internet. A listaxe de establecementos adheridos á iniciativa publicarase tanto na páxina web da entidade colaboradora (www.asetem.com) como na páxina web do Concello de Melide (www.concellodemelide.gal) e na web www.mercamelide.gal
A tarxeta-bono “Merca en Melide” é unha tarxeta prepago cun crédito de 50 € na 2ª Campaña dos cales o Concello de Melide subvencionará o 40% do valor da mesma (20 €) e o beneficiario da axuda/subvención aportará a contía restante 60% (30 €).
O Concello de Melide poñerá ao dispor dos beneficiarios, a través da entidade colaboradora Asetem, un total de 1.300 tarxetas que funcionarán como unha tarxeta moedeiro prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN (anónimas) e cunha caducidade de ata o fin da segunda campaña. Estas tarxetas poderán ser utilizadas en futuras promocións que se poñan en marcha desde o Concello de Melide.
A estimación inicial é a dotación de 1.300 tarxetas para a segunda campaña.
Poderá solicitarse e adquirir un máximo de 1 tarxeta-bono por persoa; e dicir, cada persoa poderá adquirir como máximo unha tarxeta bono de 50€.
É obriga do beneficiario o consumo do importe total (ou superior) do crédito da tarxeta bono dentro do período de uso de cada campaña. Poderá facer unha ou varias compras por importe igual ou superior a 50 € nos establecementos adheridos á campaña. No caso de compras superiores a 50 € poderá usar a tarxeta bono ata o importe de 50 € e o resto mediante outro tipo de pagamento aceptado polo establecemento.
As persoas beneficiarias poderán coñecer o saldo das tarxetas a través da web: www.damemisaldo.com
SEXTA, SOLICITUDES, PRAZOS, LUGAR DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN.
A convocatoria de axudas da 2ª Campaña publicarase no Boletín Oficial da Provincia conforme ao procedemento establecido no artigo 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e de acordo co establecido no artigo cuarto da Resolución do 10 de decembro de 2015, da Intervención Xeral da Administración do Estado, sobre a información a subministrar á BDNS.
- Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes para ser beneficiaria/o da axuda a través da tarxeta-bono “Merca en Melide” deberanse presentar de maneira presencial no edificio Multiusos, Praza das Universidades, Melide.
Para unha maior axilidade recoméndase levar impreso e cuberto o modelo de solicitude (Anexo I) xunto coa fotocopia do DNI ou documento identificativo. - Prazos:
- 2ª Campaña (1300 tarxetas):
As solicitudes poderán presentarse dende o 1 de setembro de 2021 ata o 17 de setembro de 2021.
As datas para o uso das tarxetas-bono comezará o 27 de setembro de 2021 e rematará o 31 de outubro de 2021.
Para a presentación da solicitude utilizarase o formulario normalizado que consta como Anexo I desta convocatoria e que será publicado o dito formulario na entidade colaboradora (www.asetem.com ), na páxina web do Concello de Melide (www.concellodemelide.gal) e na web www.mercamelide.gal e farase entrega na entidade colaboradora ASETEM.
Co formulario de solicitude, a persoa interesada achegará fotocopia do DNI ou documento identificativo, a efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos para ser beneficiario da axuda.
- 2ª Campaña (1300 tarxetas):
SÉTIMA. CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DE ADQUISICIÓN DA TARXETA-BONO “MERCA EN MELIDE”
A entidade colaboradora ASETEM levará o control da orde de entrega de cada unha das solicitudes (2ª campaña do 1 de setembro de 2021 ata o 17 de setembro de 2021) quen facilitará a dita relación diaria segundo o modelo establecido.
A entidade colaboradora ASETEM entregará a tarxeta bono “Merca en Melide” por valor de 50 € no momento da entrega da dita solicitude e previa recarga dos 30 € de cofinanciamento particular.
A recarga do cofinanciamento por parte do usuario dos 30 €, realizarase na entidade colaboradora ASETEM polo sistema de TPV para o cal o solicitante deberá facer o pagamento exclusivamente con tarxeta bancaria (crédito/débito). Nese momento, entregarase a dita tarxeta cunha pre-carga de 50 €, pero non estará activa ata a resolución por parte do Concello de Melide da concesión da axuda. No caso da 2ª campaña será a partires do 27 de setembro de 2021 e ata o 31 de outubro de 2021 cando están activas as tarxetas-bono para o seu uso.
A adquisición da tarxeta bono e resolución municipal implicará a concesión automática da axuda á devandita persoa. Ningunha tarxeta-bono ou importe da mesma será devolta en caso perda.
En caso de roubo deberase comunicar inmediatamente esta circunstancia á entidade colaboradora ASETEM para que proceda a bloquear a tarxeta achegando a xustificación da denuncia interposta.
En caso de deterioración poderá solicitar a renovación da tarxeta na entidade colaboradora entregando a tarxeta deteriorada.
OITAVA. GASTOS SUBVENCIONABLES.
Serán gastos subvencionables as compras que as persoas beneficiarias realicen nos establecementos adheridos á campaña “Merca en Melide”, cuxa relación será publicada na entidade colaboradora (www.asetem.com), na páxina web do Concello de Melide (www.concellodemelide.gal) e na web www.mercamelide.gal), sempre que fosen realizados no período de duración da campaña 2ª, é dicir, entre o 27 de setembro de 2021 ao 31 de outubro de 2021.
NOVENA. XUSTIFICACIÓN E PAGO DA SUBVENCIÓN.
Tal e como dispón o artigo 28.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tendo en conta que a concesión da subvención está motivada pola concorrencia na persoa solicitante beneficiaria da circunstancia acreditada de ser maior de 18 anos, non se requirirá outra xustificación que a comprobación xa realizada da situación que motiva a concesión da subvención, sen prexuízo do control que se poida requirir por parte da Intervención do Concello de Melide á entidade colaboradora para que acredite, tanto o pagamento do cofinanciamento das tarxetas “Merca en Melide” por parte das persoas beneficiarias como a realización do gasto nos establecementos adheridos á iniciativa.
A Intervención do Concello de Melide poderá realizar funcións de inspección e control financeiro de conformidade co establecido a tales efectos na Lei 9/2007.
Unha vez finalizado o prazo máximo previsto nas bases para a execución das campañas as tarxetas quedarán inactivas, sendo que a entidade bancaria colaboradora reintegrará a cantidade non consumida ao Concello de Melide.
O beneficiario que non consuma a totalidade dos 50 € das tarxetas bono, non terá cumprida a finalidade do obxecto da subvención “Merca en Melide” para a que se concedeu pola contía subvencionable (40%).
Polo tanto, cando o saldo da tarxeta bono sexa inferior a 20 € o Concello de Melide poderá reclamar a contía ata o importe subvencionable ou minorar a subvención concedida. As tarxetas bono con saldo superior a 20 € soamente serán reintegrables na contía que supere a contía subvencionable (40%) do crédito total da tarxeta. Para todo o cal, o beneficiario deberá solicitar (preferentemente) na sede electrónica www.sede.concellodemelide.gal do Concello de Melide o reintegro desa contía achegando certificación bancaria do número de conta, fotocopia do DNI, número de tarxeta bono e a relación de cargos co saldo final da tarxeta que poderá obter na web www.damemisaldo.com.
De non recibir a solicitude nun prazo de 30 días naturais dende o fin de cada campaña, estímase cancelado o reintegro da parte correspondente ao beneficiario.
DÉCIMA. NORMATIVA APLICABLE.
O marco normativo polo que se rexerá o programa de axudas está constituído polas leis e disposicións que se citan a continuación e polas súas normas de desenvolvemento, así como por cantas outras normas, legais ou regulamentarias, que conteñan prescricións relativas ás subvencións ou serán susceptibles de producir efectos no devandito ámbito:
Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu Regulamento. Lei 9/2007, do 13 de Xuño, de Subvencións de Galicia.
DÉCIMO PRIMEIRA. REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS.
As subvencións serán reintegradas nos supostos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
DÉCIMO SEGUNDA. OUTRAS SUBVENCIÓNS E AXUDAS.
As achegas concedidas ao amparo desta convocatoria son compatibles con outras subvencións doutras administracións públicas e cos límites previstos na normativa que resulta de aplicación.
DÉCIMO TERCEIRA. RÉXIME SANCIONADOR
Os/as beneficiarios/as de subvencións quedarán sometidos ás responsabilidades e réxime sancionador disposto na Lei xeral de subvencións e, no seu caso, ao disposto no Código penal (Lei Orgánica 10/95).
DÉCIMO CUARTA: ENTIDADE COLABORADORA
A entidade ASETEM actuará como entidade colaboradora na xestión e tramitación destas axudas, así como na distribución e entrega das tarxetas-bono.
A entidade colaboradora, fixará os días e horarios para a distribución das tarxetas bono que serán publicados na súa web e na do Concello de Melide.
Os solicitantes poderán solicitar as tarxetas previa presentación da documentación indicada nas bases.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Disposición adicional primeira
Os beneficiarios de subvencións concedidas polo Concello quedarán obrigados a someterse aos procedementos de control ou auditoría que realicen polos seus propios medios ou a través de empresas colaboradoras a Intervención municipal, o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas e calquera outros órganos de control interno ou externo, nacional ou europeo.
Disposición adicional segunda
Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas Bases de execución do orzamento xeral do Concello de Melide do exercicio da convocatoria, a Ordenanza nº 29 xeral de subvencións do Concello de Melide (BOP núm. 112, do 19/05/2005), a Lei 38/2003, xeral de subvencións e o seu Regulamento e a Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.
Disposición adicional terceira
O responsable do tratamento dos datos que consten no expediente de convocatoria destas axudas é o Concello de Melide.
Os datos serán tratados coa finalidade específica, da convocatoria de axudas á reactivación económica do comercio e a hostalería do Concello Melide a través das tarxetas bono “Merca en Melide”, de conformidade coa regulación establecida na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento manifestado coa solicitude de participación nesta convocatoria de axudas. O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais ou os que legalmente sexan de obrigado cumprimento.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Melide poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse a toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do tratamento dos datos (Concello de Melide).
Tamén poderán exercitar os seus dereitos ante o Delegado de Protección de Datos do Concello de Melide na dirección electrónica correo@concellodemelide.gal.