FAQ

Preguntas Frecuentes sobre a Tarxeta-Bono “Merca en Melide”

Que é a tarxeta-bono Merca en Melide?

É unha tarxeta prepago cargada cun saldo de 50 € para a realización de compras ou pagos nas empresas adheridas ao programa Merca en Melide, coa que se materializa a axuda que o Concello de Melide concede para o fomento da reactivación económica local.

Quen pode ser beneficiario destas axudas?

As persoas maiores de 18 anos e que presenten a correspondente solicitude de subvención, seguindo as bases para a concesión de axudas para o fomento da reactivación económica local no Concello de Melide (BOP nº 83 de 5 de maio de 2021).

De que prazo dispoño para presentar a solicitude da tarxeta-bono?

As solicitudes poderán presentarse dende o 1 de setembro de 2021 ata o 17 de setembro de 2021.

De que prazo dispoño para utilizar a tarxeta-bono Merca en Melide?

As datas para o uso das tarxetas bono comezará o 27 de setembro de 2021 e rematará o 31 de outubro de 2021.

Como teño que presentar a solicitude para ter a tarxeta-bono?

As solicitudes poden presentarse a través do formulario que atoparás na web www.mercaenmelide.gal, www.asetem.com e presentalas no edificio Multiusos.

Que documentación en papel teño que aportar coa solicitude?

No caso de que o cidadán denegue a autorización para a comprobación dos datos por parte da administración solicitaráselle a documentación necesaria que acredite o cumprimento dos requisitos para acceder á axuda solicitada.

Como recibirei a miña tarxeta-bono?

No momento de presentar a solicitude no Edificio Multiusos.

Como podo gastar os 50 € da tarxeta-bono Merca e Melide?

A tarxeta-bono pode empregarse para realizar un ou varios pagos nos establecementos adheridos á campaña ata esgotar os 50 € de saldo. No caso de que o gasto realizado supere o saldo dispoñible na tarxeta o beneficiario deberá aportar a diferencia ata completar o custo da compra ou servizo.

En que empresas podo utilizar a tarxeta-bono?

A tarxeta-bono poderá utilizarse en calquera das empresas adheridas á campaña. Poderás consultar o listado de empresas na web www.mercaenmelide.gal

En caso de cambios ou devolucións de compras realizadas coa tarxeta-bono, recargarase a tarxeta ou aboarase o importe en efectivo?

Non, no caso de cambios ou devolucións o importe poderá ser compensado con outra compra ou gasto de igual ou superior valor, asumindo nese caso o beneficiario a diferencia. En ningún caso se devolverá ningún importe en efectivo.