Merca en Melide

Podes solicitar a axuda Merca en Melide e recibirás a túa tarxeta-bono de 50 euros para contribuír á reactivación económica local.
Queremos contribuír á reactivación económica local a través de subvencións directas a todas as persoas maiores de 18 anos do noso concello. Con este obxectivo, o Concello de Melide outorgará unha axuda universal de 50€ en forma de tarxetas-bono que poderán utilizarse para realizar compras ou pagos nos establecementos adheridos. Poderás solicitar a túa tarxeta-bono entre o 1 de setembro de 2021 e o 17 de setembro de 2021.
Tes desde o 27 de setembro de 2021 ata o 31 de outubro de 2021 para consumir os 50€ en calquera dos establecementos adheridos ao programa.